Dende a comunidade [[KDE]] anunciaron a dispoñibilidade da segunda versión Alpha de K Desktop Environment. Este lanzamento fíxose público dende Glasgow, Escocia, onde tivo lugar a aKademy 2007. Centenares de hackers de KDE estiveron traballando intensamente para depuralo e completar tódalas características de KDE 4.0.
Actualmente o desenvolvemento máis interesante céntrase en plasma, a nova shell para o escritorio KDE 4. Plasma proporciona Kruner, unha aplicación que permite o lanzamento de programas e outras tarefas…
Outro desenvolvemento de interese pode ser a modificación de Kcontrol, unha aplicación para os axustes do sistema, que terá unha contorna de usuario mellorada que permitirá configurar dun xeito máis intuitivo o escritorio e o sistema.
Espérase que cara finais de xullo se conxele totalmente o módulo de kdelibs e se lance a primeira beta de KDE 4.0, quedando planificado o lanzamento da versión final para finais de outubro deste ano.
