Para todos aqueles que buscan unha alternativa en Software Libre a programas para clonación de discos duros (como Norton Ghost ou Zenworks, por exemplo), aquí vos ofrecemos unha lista con varias aplicacións:
- Free, Open-Source Ghost (FOG):
Suite para clonado de discos para Windows XP e Vista que ten incluso interface web para xestionala. Un dos inconvenientes é que polo de agora só pode xestionar unha soa partición de disco. - PING: “Partimage Is Not Ghost”:
É un live-CD de Linux baseado en LFS (Linux From Scratch). Permite facer copias completas de particións, soporta backups a través de protocolos Samba (SMB), da BIOS, creación de DVD de restauración, etc… - Partition Image:
Utilidade Linux/Unix paracida ao Ghost de Symantec. Traballa cos seguintes sistemas de ficheiros: EXT2, Reiserfs, NTFS, HPFS, FAT16 e FAT32. Ten capacidade para comprimir as imaxes con bzip2 ou gzip e tamén pode dividilas en varias máis pequenas para poder gravalas máis facilmente. - g4u “ghost for unix”:
É un live-CD que permite o clonado dos discos usando FTP. Usado para restaurar unha imaxe de instalación dun PC en varios idénticos. O disco de arranque ofrece dúas funcionalidades: subir a imaxe comprimida do disco a un FTP, descargala a través do FTP e restaurala no disco. Permite o clonado tanto de particións como de discos enteiros…
- Linbox Rescue Server (LRS):
Ferramenta para centralizar as imaxes dos discos duros (ao estilo do Ghost Enterprise Server), backups de ficheiros, inventario de hardware e software de sistemas Windows, Linux e Mac OS X, … Pódese xestionar a través de web e as imaxes poden restaurarse usando PXE ou un CD/DVD con arranque. Soporta Ext2/3, ReiserFS, XFS, JFS, e LVM v1/v2. - Clonezilla:
Ferramenta de clonado de discos que ten como particularidade que só salva e restaura os bloques de disco que están en uso. Foi usado para clonar un disco de 5GB a 40 clientes en tan só 10 minutos.
http://cyberpunkcafe.com/page.php?82
