Mancomún

Macedonia proverá a todas escolas con equipos GNU/Linux

A ex-república iugoslava de Macedonia proporcionará 180 000 equipos a todas as escolas coa distribución Ubuntu GNU/Linux e con tecnoloxías de escritorio virtual de NComputing.

De acordo cunha declaración da compañía, o Ministerio de Educación e

Ciencia de Macedonia proporcionaralle a case todos os alumnos de ensino primario e secundario da nación o seu propio equipo, que empregará GNU/Linux para alén doutro software de código aberto.

A compañía declarou que os seus computadores teñen un custo de,

aproximadamente, a metade que outras instalacións de PC de baixo custo.

A declaración cita a Ivo Ivanovski, ministro de Macedonia pola Sociedade da Información, que declara que este proxecto de educación, co nome de Un computador para cada crianza, é o máis amplo e importante que se emprendeu nos 15 anos de historia da República de Macedonia. «A nosa meta -proseguiu- é construír unha economía baseada no coñecemnto en que a nosa enteira forza de traballo estea educada no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación dentro dos próximos cinco anos.»

Esta iniciativa ten os seus antecedentes xa que,en 2004, Macedonia comezara a usar GNU/Linux nos PC das súas escolas.

Como parte deste proxecto, uns 10 000 profesores das escolas de secundaria e de primaria foron adestrados no uso de GNU/Linux e outras

aplicacións de código aberto. ao que hai que engadir a instalación, en 2005, de máis de 80 puntos de acceso wifi no país.

Fonte:

IDABC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal