A visita ó CESGA será ás 17:00 horas e se reunirá co director do centro Javier García Tobío. Traballarase sobre os seguintes temas:
1) Presentación da “Rede de Cooperación Internacional entre Administracións Públicas para o Software Libre”: Motivacións, obxectivos, etc.
2) Proxectos, plans e necesidades do CESGA en relación ó software libre .
3) Liñas de colaboración e traballos conxuntos da Rede co CESGA e Xunta de Galicia.
