MuseScore é unha aplicación gráfica WYSIWYG para GNU/Linux licenciada baixo a GNU GPL. MuseScore permite unha edición rápida e sinxela nunha partitura virtual. Ten un secuenciador integrado para a reprodución inmediata da partitura e tamén un sintetizador de software FluidSynth. Tamén pode importar e exportar os datos a MusicXML e ficheiros [[MIDI]] estándar.

A última versión de MuseScore é a 0.6.1 e podes descargala dende a páxina do proxecto en SourceForge e os requirimentos son os seguintes:
- qt gui lib versión 4.3 ou superior.
- versión recente de X11 con soporte para freetype2.
- ALSA versión 1.0 ou superior.
- fluidsynth.
- CMake 2.4.
A plataforma de desenvolvemento de MuseScore é Kubuntu 7.04.
