Hyperic HQ 3.1 foi escollida por IDG como unha das tres candidatas ao premio de LinuxWorld á mellor ferramenta de xestión de sistemas. É unha aplicación opensource para diversos sistemas operativos, tanto libres coma privativos, que ofrece a posibilidade de xestionar vía web diferenes servizos como [[apache]], tomcat, WebLogic, virtualización, WebSphere, [[Xen]], [[Vmware]], Jboss, etc…
Crea un modelo e mostra as relacións entre en software, o hardware e os servizos de forma precisa. Detecta cada aspecto do teu hardware e software automaticamente, incluíndo memoria, CPU, disco, rede e información sobre configuración e versións. Xera eventos sobre cada cambio de configuración en cada recurso que se use e avisa aos administradores de sistemas. Comproba o estado dos recursos dunha forma simple desde o navegador.
Colecciona medicións en tempo real e históricas sen ser invasivo. Permite definir alertas que nos axude a anticiparnos aos problemas. Compara métricas de diferentes recursos que nos permite comprender as interaccións entre eles.
Amaiores rexistra todos os logs, a configuración e os eventos de seguridade, mostra informes de detalles sobre cada evento xerad e reforza as políticas de seguridade para detectar calquera