Seguimos xerando contidos sonoros para o noso podcast.
No programa de hoxe, publicamos as entrevistas que fixemos aos relatores da xornada de “Software Libre Científico – Edición 2019” que tivo lugar na USC, organizada pola Asociación Melisa:

#01-Mancomún Podcast, entrevistas aos relatores da xornada de “Software Libre Científico”
Tamén o podes escoitar e descargar desde o noso repostiorio en archive.org:
Entrevistas aos relatores da xornada de “Software Libre Científico – Edición 2019”
Esta xornada, busca ser unha primeira toma de contacto con alternativas de software libre que se poidan utilizar para o desenvolvemento da labor investigadora ou docente.

Estas son as entrevistas recollidas e o minuto onde empeza cada unha:
01:02 – Francisco Pena Brage, profesor de matemáticas da USC, relator de “Cálculo con software libre: Octave y Sagemath”
03:32 – Juan Carlos Arroyo Condor, investigador no Departamento de estatística da USC, relator de “Herramientas útiles para desarrolladores”
08:20 – María José Ginzo Villamayor, Estatística da USC, relatora de “Sistemas de información xeográfica: QGIS”
10:21 – Miguel Ángel Rodríguez Muíños, Técnico informático na Dirección Xeral de Saúde Pública, relator de “BioStatFLOSS 4.0: Escolma de Software Libre Cientifico para Windows”
14:11 – Rafael Rodríguez Gayoso, Presidente de Melisa, relator de “CKAN: datos abertos e accesibles”
18:42 – Rosa Crujeiras Casais, Profesora da área de estatística e investigadora da USC, relatora de “Ciencia en aberto”
Máis información sobre a xornada no artigo de mancomún.
Podes acceder ás gravacións e presentacións dos relatorios a través do repostiorio de Melisa.
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Tamén podes ouvilo na plataforma archive.org.
