O sábado 11 de maio, estivemos co micrófono e a gravadora na última edición do Coruña Hacks.
Podedes escoitar as entrevistas que fixemos a organizadores, participantes e patrocinadores para o noso podcast:

#02-Mancomún Podcast: Coruña Hacks

Coruña Hacks
Iniciativa impulsada por GPUL, Coruña Developers e Árticos, son unha serie de hackathons regulares nos que desenvolver proxectos baseados en software e hardware libre.
Pensado para as persoas con ganas de experimentar coas tecnoloxías, informáticos de todo tipo e tamén para persoas relacionadas co hardware libre e o mundo maker.
A xornada rematou cunha entrega de premios e foto de familia, cos adultos de Coruña Hacks e os rapaces de Coruña Minihacks.

Proxectos e equipos dos adultos en Coruña Hacks
- CoruñaTech, unha plataforma web común para todas as comunidades tecnolóxicas da Coruña (terceiro premio)
- Subastas AEAT, monitorización das poxas publicadas pola Axencia Tributaria (segundo premio)
- OpenSmartFitness, plataforma libre e aberta para controlar de xeito privado a información xerada por dispositivos que monitoricen a nosa actividade física (gañadores do Coruña Hacks)
Proxectos e equipos dos Minihacks
- Sistema de votación no colexio para escoller a comida (galardón ao máis traballado)
- Minixogos para concienciar sobre a necesidade de reciclar e ordenar, sobre o uso de papeleiras e a necesidade de colaborar nas tarefas da casa (premiado pola súa orixinalidade)
- Videoxogo de animación para “castigar” a esas persoas que teñen can e non se fan cargo dos seus excrementos (distinción ao proxecto máis divertido)

Colaboradores e patrocinadores
Coruña Hacks é unha iniciativa que conta co apoio do Concello da Coruña, a través de Coruña Dixital e tamén da área de Participación e Innovación Democrática, ademais do patrocinio de Corunet ou Empathy.co, entre outras.
Máis información
A información completa sobre os proxectos desenvolvidos e sobre a iniciativa CoruñaHacks, podes atopala nas ligazóns:
https://gitlab.com/corunahacks
https://corunahacks.gpul.org/
