Mancomún

10 exemplos de uso avanzado de MPlayer e FFMPEG

Mércores, 7 Outubro 2009

En LinuxAv publicaron un interesante artigo no que dan 10 exemplos de uso avanzado de mplayer e ffmpeg. Os exemplos son os seguintes:

  • Transforma vídeo FLV a AVI con subtítulos

$ mencoder -sub subs.ssa -utf8 -subfont-text-scale 4 -oac mp3lame -lameopts cbr=128 -ovc lavc -lavcopts vcodec=mpeg4 -ffourcc xvid -o output.avi input.flv

Esta orde o que fai é aplicar subtítulos a un vídeo de formato FLV e codifica o resultado en formato AVI, empregando o códec MPEG-$. Tamén utiliza a opción -utf8 só se o ficheiro de subtítulos foi creado con dita codificación. O uso da opción cbr=128 do procesador mp3lame da á saída unha pista de audio codificada en MP3 con unha taxa de bits constante, o que soluciona moitos problemas de sincronía entre audio e vídeo ao transformar un FLV noutro formato.
  • Elimina o audio dun clip de vídeo

    $ mencoder -ovc copy -nosound input.avi -o output.avi

    Con isto conseguimos unha copia exacta do clip orixinal sen son.

  • Substitúe o audio dun clip de vídeo

$ mencoder -ovc copy -audiofile input.mp3 -oac copy input.avi -o output.avi
Con isto conseguimos unha copia exacta do clip de vídeo orixinal pero con outro audio distinto.
  • Extrae o audio dun clip de vídeo

$ mencoder -of rawaudio -ovc copy -oac mp3lame -o output.mp3 input.avi
O resultado é un ficheiro codificado en formato mp3.

  • Grava a saída dunha cámara web vía ffmpeg

$ ffmpeg -f alsa -r 16000 -i hw:2,0 -f video4linux2 -s 800×600 -i /dev/video0 -r 30 -f avi -vcodec mpeg4 -vtag xvid -sameq -acodec libmp3lame -ab 96k output.avi

Grava o audio e o vídeo dunha cámara web nun ficheiro AVI, no que a pista de vídeo é MPEG-4 a de audio é MP· con taxa de bits variábel.

  • Visualiza a saída dunha cámara web

$ mplayer tv:// -tv driver=v4l2:width=640:height=480:device=/dev/video0:fps=30:outfmt=yuy2

Visualiza o que está capturando nese intre a cámara web

  • Grava a saída dunha cámara web vía mencoder

$ mencoder tv:// -tv driver=v4l2:width=800:height=600:device=/dev/video0:fps=30:outfmt=yuy2:forceaudio:alsa:adevice=hw.2,0 -ovc lavc -lavcopts vcodec=mpeg4:vbitrate=1800 -ffourcc xvid -oac mp3lame -lameopts cbr=128 -o output.avi

Grava o audio e o vídeo presente nunha cámara web nun ficheiro AVI, no que o vídeo é MPEG-4 e o audi é MP3 con taxa de bits constante.

  • Grava audio MP3 vía ffmpeg

$ ffmpeg -f alsa -ac 2 -i hw:1,0 -acodec libmp3lame -ab 96k output.mp3

Grava o audio capturado polo micrófono conectado á entrada de audio da tarxeta de son, e gardarao nun ficheiro MP3

  • Aplica unha marca de auga a un clip de vídeo

$ mencoder -sub watermark.ssa -subpos 0 -subfont-text-scale 4 -utf8 -oac mp3lame -lameopts cbr=128 -ovc lavc -lavcopts vcodec=ffvhuff -o output.avi input.flv

Aplica un subtítulo a un vídeo con formato FLV. O subtítulo contén unha soa entrada ocupando toda a duración do vídeo, e é aplicado ao vídeo na súa liña superior a modo de marca de auga. O resultado é un ficheiro AVI que emprega códec lossless huffyuv, de xeito que se minimicen as perdas de calidade tras unha posterior conversión a MPEG-4.

  • Extrae o vídeo dun DVD a AVI

$ mencoder -oac mp3lame -lameopts cbr=128 -ovc lavc -lavcopts vcodec=mpeg4 -ffourcc xvid -vf scale=320:240 -o output.avi dvd://

Extrae o contido dun DVD e gárdao nun ficheiro AVI co vídeo codificado en MPEG-4 e o audio codificado en MP3 con taxa de bits constante.

Para a maioría destes exemplos necesitarase a última versión de mplayer.

Fonte: linuxav.net



	
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal