Mancomún

100 millóns de descargas do OpenOffice.org nun ano

Venres, 30 Outubro 2009

OpenOffice.orgHai escasamente dous días que se realizou a descarga 100 millóns da suite ofimática OpenOffice.org 3 desde o seu lanzamento hai un ano. Hai que ter en conta que so se contabilizan as descargas desde a páxina oficial do OpenOffice.org en http://download.openoffice.org/ e polo tanto quedan fóra desta conta, a maioría das persoas que usan GNU/Linux e que instalan o software desde o seu sistema propio xestor de paquetes así como os que a descargan desde outras webs.

Así o reflicten os datos das súas páxinas de estatísticas:

  • Descargas da versión 3.1 do OpenOffice.org: 40.512.817
  • Descargas da versión 3.0 do OpenOffice.org: 59.903.711
  • Nos últimos 28 días, o 94,6 % das descargas son das versións das plataformas Windows, seguida de Linux cun 3% e Mac OS X cun 2,3%.

Con respecto á versión en galego de OpenOffice.org, durante o 2009, realizáronse máis de 61.200 descargas da versión en galego desde a páxina oficial. A continuación mostramos as gráficas que ilustran os seguintes aspectos:

Descargas por sistema operativo:

Descargas por mes, onde apreciamos que coa saída das novas versións, hai un gran incremento de descargas do mesmo:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal