O Software Freedom Day é unha actividade a nivel mundial (presente en máis de 80 países do mundo) que se celebra todos os anos en setembro e na que se pretende difundir os beneficios do software libre en todos os ámbitos: educación, empresas, administración e usuarios en xeral.
Cabe mencionar que este ano, xa temos un equipo galego que celebrará este día e no cal xa está rexistrada a “Comunidade o Zulo” de Mugardos, coincidindo coa celebración da VI xoldra informática “Kernel 2009” organizada por eles mesmos. Recordar que aínda se pode rexistrar máis xente polo que seguramente a presenza galega nesta actividade aínda aumente máis.
Podedes ver un histórico da actividade galega nesta actividade na seguinte ligazón:http://softwarefreedomday.org/teams/europe/spain/galicia Noutras edicións, Mancomún participou como patrocinador (no 2007 e no 2008), xunto con outras grandes compañías coma Google, Canonical ou Red Hat.
