Mancomún

24 anos de Debian GNU/Linux

Mércores, 16 Agosto 2017

Hoxe é un día especial para a comunidade Linux, é o día Debian, o día que conmemora o nacemento do Proxecto Debian, a organización responsable da creación e mantemento da distribución Debian GNU/Linux

Debian, fundado en 1993 por Ian Murdock, nacía como un proxecto dun grupo reducido de hackers. A día de hoxe, é unha comunidade a nivel mundial dedicada ao mantemento e desenvolvemento deste sistema operativo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal