Mancomún

24 organismos do estado colombiano empregan Software Libre

Mércores, 21 Novembro 2007
24 entidades do estado colombiano e moitas empresas privadas xa traballan con programas baseados en software de código aberto. A cifra sorprende a moitos, pero é real: 24 organismos do estado colombiano operan con programas de Software Libre.

Todos os servidores de Emcali, por exemplo, funcionan baixo estes sistemas. E estímase que en Colombia 250 grandes organizacións, públicas e privadas, deron o gran paso cara o Software Libre.

 
Os colombianos estanlle perdendo o medo ao cambio e migran os seus sistemas tradicionais ao Software Libre, baixo a premisa de que hoxe este é totalmente compatible co software propietario.

Algúns coñecedores do tema estiman que unha empresa pode aforrarse entre o 50% e o 75% dos seus custos tecnolóxicos coa migración de software propietario a libre. Outra das vantaxes, é que o software libre é modular e entón pódense escoller só as aplicacións que se necesitan e crear paquetes personalizados.

Aínda que non se coñecen cifras recentes, un estudo realizado fai dous anos pola Asociación Colombiana de Enxeñeiros de Sistemas, Acis, este, proxectaba un rápido crecemento do Software Libre.

Nesa investigación atopouse que o 75% das empresas enquisadas tiveran algún contacto ou aplicación con Software Libre. Deste grupo, o 63% utilizaba GNU/Linux como sistema operativo, sendo sen dúbida o produto máis popular desta tendencia. Así mesmo, atopouse que o 54% usábao como servidor e o 26% en aplicacións de seguridade.

 
Fonte: Software Libre Perú  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal