Mancomún

270 millóns de persoas usan Firefox

Mércores, 6 Maio 2009
Firefox en galegoContar o número de persoas que usan determinado aplicativo nunca é unha tarefa sinxela, e desde a fundación Mozilla recoñecen que contar o número de persoas que usan Firefox é practicamente imposíbel, xa que non usan ningún tipo de identificador especial. Aínda así, un membro do persoal de Mozilla publica no seu blogue uns datos que indican que, aproximadamente, 270 millóns de usuarios usan o seu navegador Firefox.

Segundo conta o desenvolvedor, a forma de facer o cálculo é a seguinte: as descargas non son exactas, xa que as descargas poden incluír a un mesmo usuario que baixou/actualizou algunha das versións de Mozilla, por iso o que fan é contar o número de conexións ao seu servizo de actualizacións (AUS, Application Update Service). O AUS é o servizo ao que o navegador Firefox se conecta automaticamente unha vez ao día para buscar actualizacións. A cifra de usuarios que se conectan cada día ronda os 90 millóns. Como parte da operación matemática, Mozilla multiplica este número por 3 (de aí que saian os 270 millóns) para tratar de obter o número máis aproximado. A multiplicación por 3 fana xa que consideran que non todos os usuarios que teñen instalado Firefox no seu computador son usuarios que están activos todos os días, polo que poden botar varios días sen conectarse.

Ademais, tamén indican que este número é bastante conservador, xa que nos últimos días lograron cifras de 98 millóns conectándose ao servizo AUS, que si os multiplicaramos por 3, nos darían un total de 294 millóns de usuarios…
No blogue Internews.com, tamén ofrecen máis datos sobre a conta de estatísticas doutro proxecto, neste caso Fedora:

“Fedora tamén conta o número de peticións ao seu sistema de actualizacións, pero ademais, nesa métrica, tamén inclúe unha comprobación por IP (que ao mesmo tempo tamén presenta algún que outro problema). Falando especificamente sobre Linux, o número de persoas que usan Firefox non inclúe á maioría de persoas que usan Linux. Isto é porque os usuarios típicos de Linux non descargan a versión de Firefox da páxina de Mozilla, senón que directamente usan a versión fornecida pola súa distribución, e que polo tanto, non se actualiza a través do servizo AUS de Mozilla, senón a través do sistema de actualizacións da súa distribución.

Tendo en conta estes datos e que, aproximadamente, o número de usuarios de Fedora ronda os 13 millóns, os de Ubuntu 8 millóns, e despois os usuarios de Debian, SUSE, Mandriva, Gentoo, etc…
sería correcto dicir que Firefox ten máis de 100 millóns de usuarios activos ao día e cerca de 300 millóns de usuarios en total.”

Fontes da nova:
http://blog.internetnews.com/skerner/2009/05/firefox-hits-270-million-users.html

http://weblogs.mozillazine.org/asa/archives/2009/05/firefox_at_270.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal