- Aberto o prazo de inscrición para a 2ª edición do plan de capacitación TIC en SwL promovida pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre – Mancomún.
- A segunda edición do plan de capacitación TIC terá lugar en Vigo do 10 de xaneiro de 2009 até o 14 de febreiro de 2009.
- O prazo de inscrición remata o 8 de xaneiro de 2009
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre puxo en marcha o pasado mes de xuño o Plan de capacitación TIC co obxectivo de capacitar á empresa TIC galega para que sexa quen de abordar proxectos de implantación e soporte de servizos básicos en Software Libre (ofimática, internet, ferramentas de traballo colaborativo e de publicación web).
A edición piloto deste plan celebrouse en Santiago de Compostela do 13 de xuño ao 19 de xullo de 2008 co fin de dispor dunha primeira experiencia que permitira adaptar os contidos do curso ás necesidades reais de formación en SwL das empresas TIC galegas.
Logo das valoracións positivas recibidas por parte do empresariado TIC galego, tanto durante a celebración do curso, como recentemente na “Xornada de traballo sobre a implantación de solucións libres para a PEME” e unha vez realizadas as oportunas modificacións no plan en base á experiencia piloto, celebrase unha segunda edición do Plan de Capacitación TIC en SwL na cidade de Vigo entre o 10 de Xaneiro e o 14 de Febreiro. Serán un total de 65 horas que se impartirán en sesións intensivas de 4-5 horas os venres de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas.
O número de prazas dispoñibles é de 15 persoas para lograr un bo aproveitamento da formación. As empresas que estean interesadas en participar deberán enviar o documento de inscrición a formar @ mancomun.org antes do día 9 de Xaneiro co asunto "Inscrición en Capacitación TIC". A asignación de prazas atenderá rigorosamente á orde de recepción da inscrición.
Atendendo ás suxestións realizadas polo empresariado TIC galego á raíz da edición piloto considerouse oportuno revisar a asignación horaria das distintas sesións, a profundidade de tratamento dos distintos contidos, así como a inclusión de casos de éxito galegos de referencia de modelos de negocio. O novo plan de capacitación estruturase en dous módulos. Un primeiro módulo orientado fundamentalmente a persoal directivo ou xefes de proxecto das empresas TIC cunha duración de 5 horas e o segundo módulo orientado principalmente ao persoal técnico das empresas TIC, que vaian desempeñar as tarefas de implantación e/ou soporte en SwL cun total de 60 horas. Dada a aceptación unánime que tivo a distribución intensiva da formación os Venres e Sábados manterase tamén nesta segunda edición.
Estes dous módulos subdivídense en bloques segundo se amosa na seguinte táboa resumo. Para maior detalle consulte o programa completo .
|
Módulos lectivos |
||
|
Data |
Horas |
|
|
Introdución á planificación de proxectos de implantación e soporte en SwL |
10/01/09 |
5 |
|
As empresas e o SwL na sociedade da información |
3 |
|
|
Planificación de proxectos de implantación e soporte de SwL |
2 |
|
|
Implantación e soporte de servizos básicos en SwL |
60 |
|
|
Aplicacións de escritorio |
16/01/09 |
4 |
|
Servizos en rede xenéricos |
17/01/09-31/01/09 |
28 |
|
OpenLDAP |
31/01/09-06/02/09 |
8 |
| Servizos avanzados de intranet e extranet |
07/02/09-14/02/09 |
16 |
|
Integración de Joomla e OsCommerce |
14/02/09 |
4 |
|
TOTAL |
65 |
|
