Mancomún

3ª asemblea da comunidade Morfeo

Venres, 5 Marzo 2010

O próximo día 10 de marzo terá lugar no Auditorio de Telefónica I+D en Madrid a Asemblea anual da comunidade Morfeo. Dende a comunidade estenden un convite a toda a comunidade para asistir, sen máis que rexistrar a súa asistencia na web do proxecto.

A Comunidade Morfeo converteuse nun referente no ámbito nacional e internacional para proxectos de I+D. O licenciamento OSS da tecnoloxía desenvolvida favoreceu un ecosistema de “open innovation”, favorecendo a innovación e aumentando a eficiencia do gasto en I+D de Administracións Públicas, grandes empresas, Universidades, Centros Tecnolóxicos e pemes. Como resultado máis de 100 organizacións forman parte xa da Comunidade Morfeo.

Ata este momento confirmaron asistencia máis de 25 organizacións e 60 asistentes, polo que a Asemblea será unha excelente oportunidade para coñecer o panorama tecnolóxico nacional e establecer redes de colaboración. A fin de dar cabida aos diferentes colectivos que integran a comunidade, definiuse unha estrutura de actividades en tres bloques: Negocios, Comunidade e Conferencias (SEO Experience, Cloud Computing e OSS en Educación).

A axenda provisional do evento aínda é:
Eventos de Negocios

  • 10:00 – 10:30 Informe Executivo da Comunidade Morfeo 2010. Juan José Hierro. Chairman Comunidad Morfeo TID
  • 10:45 – 11:15 Presentación Grupo TIBI. Sergio Montoro. Presidente Grupo Tibi
  • 11:15 – 11:45 Presentación ASOLIF. Agustín Betancourt. Xerente ASOLIF

Eventos da Comunidade

  • 12:00 – 12:20 Novas Infraestruturas. José Castro. Grupo de Administración URJC
  • 12:20 – 12:40 Centro de Competencia Morfeo. Pedro Coca. URJC
  • 12:40 – 13:00 Morfeo Formación: Resultado e novas estratexias. David Vaquero. Grupo Ikusnet
  • 13:00 – 13:20 Open Telefónica: un modelo aberto de colaboración open business. Ruben Mellado. Telefónica I+D
  • 13:20 – 13:30 Presentación Programa Avanza 2010. Luis Samper Calvo. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
  • 13:30 – 13:40 Presentación do Programa Iberoeka. Javier Echavarria Delmas. Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial

Eventos de networking . Redes I+D

  • 13:40 – 13:45 Xestión de almacén por RF con software libre. David Zafra Gómez. Grupo AbanQ G2 S.A.
  • 13:45 – 13:50 Certificación Pedagóxica no desenvolvemento de contidos e-learning. Isit Technologies.
  • 13:50 – 13:55 Marketing inbound and business intelligence for ezWeb. Pere Roses. Open Alliances Project.
  • 13:55 – 14:00 Libregeosocial: Redes sociais móbiles e realidade aumentada. Roberto Calvo Palomino. URJC.

Conferencias

  • 15:30 – 16:00 Retés ou compartes?: Iniciativa innovadora de crowdsourcing ou por que non web 4.0. Santiago Bonet. AIMME
  • 16:00 – 16:30 Retos de I+D presentes na Tecnoloxía Cloud. Juan José Hierro. Chairman Comunidade Morfeo TID
  • 16:30 – 17:00 Situación actual do software de fontes abertas nas universidades españolas e centros I+D españois. Pop Ramsamy (CENATIC) y Jesús M. González Barahona (URJC)

Fonte: Morfeo

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal