6zap é unha solución integral de comunicación que xunta nunha mesma páxina correo electrónico, calendario, axenda de contactos e almacenamento de ficheiros. Ademais pódese usar sen conexión a Internet o que nos permite, por exemplo, poder enviar, ler os correos e descargar os anexos sen necesidade de estar conectados á Internet.
Dentro das opcións do calendario, sobresae a opción de permitir compartir as nosas axendas con outras persoas e xestionar permisos de acceso para elas, e no referente á axenda de contactos temos un formulario grazas ao cal poderemos dar altas novas, xestionar os grupos ou importalos desde un ficheiro, e ademais os atributos dos nosos contactos son practicamente infinitos, o que nos permitirá asociar a un contacto tantos enderezos de correo como desexemos.
Podemos atopar máis información sobre as súas características na seguinte ligazón:
http://www.6zap.com/features-2
Fonte:
http://www.muypymes.com
