Mancomún

A administración alemá empregará Nextcloud para a súa nube privada

Xoves, 19 Abril 2018

Nextcloud ven de anunciar que o goberno federal alemán escolleu Nextcloud como a solución a implantar para a súa nube privada.
Esta decisión foi tomada polo Informations Technik Zentrum Bund (ITZBund), que é o fornecedor de servizos informáticos centrais do goberno federal alemán.

Esta solución permite almacenar e compartir documentos dunha forma sinxela a través de internet ou unha rede privada, sendo esta a principal funcionalidade, pero Nextcloud vai máis aló e ten outras funcionalidades moi útiles e encamiñadas á produtividade tanto para a administración pública, como para empresas e incluso para os usuarios particulares como son mensaxería instantánea e vídeo conferencias, correo electrónico, calendario e contactos.
Nextcloud ofrece todo isto nunha mesma plataforma e ademais cumprindo con varias regulacións de protección de datos coma a GDPR e a HIPAA.

No caso alemán, decantáronse pola subscrición a Nextcloud Enterprise asegurándose así de ter o control dos seus datos, tendo acceso ao servizo de soporte e mantemento, así como unha garantía de servizo que ofrece a empresa Nextcloud GmbH que é a empresa que desenvolve o propio software e ofrece os servizos de soporte.

Fonte: https://nextcloud.com/blog/german-federal-administration-relies-on-nextcloud-as-a-secure-file-exchange-solution/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal