A cidade da Coruña acolle entre os días 9 e 12 de outubro a quinceava edición da Arroutada Party, que terá lugar no Coliseum da cidade herculina. Este encontro, como vén facendo cada ano, incorpora na súa extensa programación de catro días un apartado de software libre no que poderán participar todos os que así o desexen.
Entre as actividades destacadas neste eido están previstos os concursos de Scripting Bash e RealTimeBattle. Asemade nesta edición disporase de tempo para realizar dun maior número de concursos de Linux. Os organizadores abren á elección dos participantes a introdución de novas propostas, como poderían ser xogos como BZFlag, Armagetron, Xbomber…
O evento organízase coa colaboración do goberno local, que cede o recinto, coa Universidade da Coruña, que asume o costo da conexión a internet e coa Asociación de Mocidade Informática e A Coruña (Amiga), que se fará cargo do resto dos costes. O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) colaboran no evento coa organización de actividades de software libre.
Máis información: A Arroutada Party
