Mancomún

A Asociación de Empresas de SwL de Euskadi presenta o seu repositorio

Luns, 26 Maio 2008
Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi (ESLE) e a Sociedade para a Promoción e Reconversión Industrial (SPRI) presentarán o vindeiro xoves, 29 de Maio o novo repositorio de aplicacións libres de ESLE, co que se queren poñer a disposición de todas as empresas aplicacións de Software Libre e de código aberto, xunto coa súa documentación, creadas na comunidade autónoma vasca e dispoñibles de forma gratuita e universal. A presentación terá lugar no Parque Tecnolóxico de Zamudio.
 
O que pretenden neste evento é dar a coñecer os servizos que ofrece o repositorio, así como os obxectivos e potencialidades do mesmo. Ademais, darán a coñecer o programa Kzlankidetza da SPRI, a través do cal se realizaron algúns dos desenvolvementos de software que poden atoparse no Repositorio de ESLE, e ao que poden adherirse as empresas e asociacións.

Presentaranse casos de asociacións e empresas que puideron beneficiarse deste programa e que aportaron os seus desenvolvementos ao repositorio respectivamente. O acto está dirixido a empresas usuarias, a asociacións sectoriais e ao sector TIC en xeral.
 
Fonte: Diario Linux
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal