Mancomún

A “Asociación de Usuarios de Software Libre de A Estrada” organiza a 7ª edición da KutruParty

Xoves, 22 Outubro 2009

AUSLAEA Kutruparty 7 é unha xoldra informática que se celebrará entre os días 4 e 8 de decembro e acaba de abrir o seu prazo de inscricións. A organización responsábel da súa organización é a AUSLAE, Asociación de Usuarios de Software Libre de A Estrada, asociación sen ánimo de lucro constituída no ano 2003.

Esta edición terá lugar no recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada e os que estean interesados en asistir terán que reservar a súa praza, pagando 25 € se a inscrición se fai en liña anticipadamente, e pagando 35 € aqueles que esperen ao propio día do comezo da mesma. Ademais, aquelas primeiras 35 persoas en rexistrarse obterán unha camiseta exclusiva de regalo.

No anuncio na súa páxina web comentan que nos próximos días irán publicando as diferentes actividades que se están programando.
Máis información na súa páxina web:
http://www.kutruparty.net/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal