A Asociación GHANDALF publicou a pasada semana unha nova web para a difusión do libro Máster en Software Libre, ano II. Este libro editado pola propia asociación recolle as teses de fin de mestrado dos estudiantes da segunda edición do Máster en Software Libre, traducidas ao Galego.
Esta publicación únese as que xa ten tamén publicadas a asociación, Máster Software Libre, ano I e Creando Software Libre, unha traducion dun dos libros de referencia sobre xestión de proxectos de Software Libre. Estas publicacións son froito da aposta que a Asociación GHANDALF fai polo desenvolvemento de actividades que permitan compartir coñecemento en materia de Software Libre na nosa lingua.
Na páxina web pódese atopar un pouco de historia e dos motivos que levaron á edición de este libro, así como diverso material de descarga, entre o que se atopa o propio libro, tanto en formato PDF como en editable, baixo licenza libre, a portada do mesmo ou os prólogos e epílogo desta edición, a cargo de AGASOL, a Asociacion de Empresas Galegas de Software Libre, e a Asociacion GPUL.
Asociación GHANDALF
A Asociación GHANDALF é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na consecucion do obxectivo xeral da construcción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso do software e da información.
A publicación desta páxina web, como a edición impresa do libro no seu día, son actividades que a Asociación GHANDALF realiza ao abeiro do Convenio de colaboracion entre as AGULS e a AMTEGA para a difusion do Software Libre en Galicia.
