Mancomún

A asociación Melisa organiza un festival de instalación de software libre en Melide

Mércores, 10 Abril 2013

Cartel do Festival de InstalaciónSegundo informan dende a asociación, o vindeiro sábado 20 de abril terá lugar o Festival de Instalación de Software Libre  en Melide.

Trátase dun evento de divulgación do Software Libre, no cal se farán instalacións gratuítas e legais de aplicativos libres nos equipos dos participantes.

As persoas interesadas poden asistir ao evento co seu equipo informático, e os voluntarios de Melisa axudarán no proceso de instalación dos programas libres.
Non é obrigatorio instalar un sistema operativo GNU/Linux, tamén se poden instalar diferentes programas libres sobre o sistema operativo actual do equipo do usuario, coma por exemplo, LibreOffice, Mozilla Firefox, Gimp, Thunderbird, etc. De tódolos xeitos é recomendable realizar previamente un respaldo de seguridade dos ficheiros persoais.
Ao mesmo tempo, levaránse a cabo diferentes presentacións de programas libres para utilizar en contornos de oficina, deseño, multimedia, internet, etc. de maneira que os asistentes poidan coñecer as alternativas que o software libre lles ofrece para o seu día a día de forma completamente legal e na maioría das veces de balde.

Dende a asociación Melisa animan a todas aquelas persoas interesadas a que se acerquen ata a Cervexería A Fundación, o próximo 20 de abril a partir das 10 da mañá.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal