Mancomún

A Asociación PuntoGal estará presente no encontro internacional do ICANN de Cairo

Luns, 3 Novembro 2008

http://www.puntogal.org/web/templates/puntogal/imaxes/logoSup.png Visto en CodigoCero.com:
“Unha delegación da Asociación PuntoGal participará no Cairo na 33ª edición do encontro internacional de ICANN no que se abordarán distintos aspectos sobre o sistema de dominios na Internet, como serían os procesos para a aceptación de candidaturas para novos dominios xenéricos de primeiro nivel, ou sexa, no que podería ser o proceso que daría lugar á creación dun dominio para a lingua e cultura galegas.

A xuntanza terá lugar entre os días 2 e 7 de novembro, e os representantes da Asociación PuntoGal participarán activamente nas sesións de traballo das que sairá a guía definitiva para a presentación de solicitudes de novos dominios.”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal