Tras o éxito que tivo a realización dun obradoiro de introdución a Arduino o pasado mes de Setembro, a asociación Xeopesca realizará unha segunda edición o vindeiro venres 21 de Outubro. Terá lugar no mesmo sitio que o anterior, é dicir, no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela), as 19:30 e co seguinte temario:
- Estructuras e operadores en Arduino.
- E/S dixital.
- E/S analóxica.
- Exercicios prácticos.
Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas e hai que ser maior de idade. Dende a organización lembran tamén que será preciso levar no portátil instalado o IDE de Arduino (descarga).
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.
