Mancomún

A asociación Xeopesca ven de realizar diversas actividades de difusión durante o mes de Agosto

Martes, 1 Setembro 2015
  • A Asociación Xeopesca presentou a súa solución de Software Libre para a explotacion de información pesqueira.
  • Desenvolveronse actividades nas vilas mariñeiras de Moaña, Bueu e Combarro.

Durante o mes de agosto a asociación Xeopesca realizou diferentes presentacións da aplicación xeoPesca e das vantaxes que aporta o software libre nun sector estratéxico como a pesca. Logo Asociación Xeopesca

Estas actividades de difusion tiveron lugar nas vilas de Moaña, Bueu e Combarro (Poio), e contaron coa colaboración da Asociación Cultura e Recreativa Sueste, a Asociación os Galos e o Concello de Poio nas súas festas do mar. O numero total de asistentes que se interesaron polo proxecto foi de máis de 50 persoas.

Nas presentacións falouse primeiramente da traxectoria da asociación, e as actividades levadas a cabo pola mesma, onde destacou o interese pola Mapping Party que se celebrou en Abril na localidade de Raxo (Poio).
Nunha segunda parte falouse propiamente da aplicación xeoPesca a cal se acompañou dunha demostración en vivo en diferentes dispositivos como tablets, mobil e computadora portátil. Os asistentes fixeron preguntas sobre os seguintes temas:
  • A Explotación sinxela da información pesqueira dos lances e faenas, o cal lles aporta unha maior competitividade e aforro de combustible.
  • A Xestión responsable dos recursos mariños, ao dispor de datos fidedignos xerados por eles mesmos.
  • A gratuidade da ferramenta e que se pode adaptar totalmente.
Finalmente expúxose o futuro da asociación que se centrará na mellora da aplicación "xeoPesca" e a realización de obradoiros de temática de Software e Hardware Libre.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal