Mancomún

A beta do Firefox 3 e o Konqueror máis preto de pasar o Acid Test 3

Venres, 7 Marzo 2008

Os desenvolvedores do Web Standard Project (WaSP) anuncian a dispoñibilidade do que será a terceira versión do Acid Test, proba usada para analizar se o navegador que usamos implementa e renderiza totalmente as especificacións dos estándares web do W3C .

No novo test, a beta 4 de Firefox 3 consegue 67 puntos sobre 100, Konqueror 4.0.2 consegue 62 puntos  e o Firefox 2.0.0.12 consegue 50 puntos. Mentres a última versión do navegador de Microsoft, o Internet Explorer 7 só alcanza 12 puntos de 100.

Destaca por enriba de todos a última versión beta de Safari, o primeiro en superar o Acid Test 2 e que nesta versión 3 consegue 87 puntos…

Imaxe de referencia dun navegador que cumpra os estándares ao 100%:

 

http://www.mancomun.org/images/stories/acid3.jpg

Imaxe do test feito por Mancomún usando Konqueror 4.0.2:
http://www.mancomun.org/images/stories/acid3_konqueror4.jpg

Fonte da nova e máis resultados doutros navegadores:
http://www.hispamp3.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal