Mancomún

A Cámara de Comercio da Coruña organiza un relatorio de SwL

Martes, 19 Maio 2009

Cámara de Comercio da CoruñaAgnix informa na súa web de que o vindeiro 21 de maio, a Cámara de Comercio da Coruña organiza un relatorio titulado “Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES” , no seu local da rúa Alameda 30-32, 1º da Coruña, que será impartido por Roberto Brenlla e terá lugar das 19:30 ás 21:30. A Cámara de Comercio da Coruña encadra este relatorio no seu programa de Formación Empresarial, no ámbito de Área Interior.

O contido do relatorio estará composto por unha descrición histórica, legalidade e casos de éxito do Software Libre.

Todo aquel que estea interesado en acudir a este acto deberá previamente cubrir un formulario de inscrición, que está dispoñíbel na páxina web da Cámara de Comercio da Coruña.
Fontes:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal