Mancomún

A cidade de Berna planifica a migración a Open Source

Mércores, 7 Setembro 2016

Logotipo de BernaA capital suiza estuda desprenderse da dependencia con software privativo. Recentemente aprobou o proxecto de conversión a software de código aberto.

A iniciativa saíu adiante por ampla maioría, contará con presuposto próximo ao millón de euros e será auditada externamente. A Swiss Open Systems User Group, unha asociación independente para a promoción de sistemas abertos suiza, valora esta medida da cidade de Berna como algo moi positivo.
Entre os produtos a ser substituídos están os de Microsoft e os de Citrix. O obxectivo é acadar unha análise completa da infraestructura IT da administración de Berna, desenvolvendo proxectos pilotos para a proba de viabilidade técnica e analizar o potencial do código aberto. Tamén se terán en conta os gastos de formación en novas tecnoloxías dos empregados.

Os primeiros obxectivos inclúen a sustitución de MS Outllook e MS Exchange (servizos de correo, calendario, recursos, tarefas e notas), ferramentas de virtualización de código aberto alternativas ás da plataforma Citrix, clientes libres en substitución dos operativos Windows e tamén a implementación do software de xestión empresarial CMI Axioma, nun servidor con sistema operativo libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal