A cidade de Roma, a cuarta cidade máis grande de UE, aumentará o uso de software libre e de código aberto. O anuncio de esta decisión foi feito o pasado mes de outubro. Todas as novas solucións de software estarán baseadas en código aberto. A cidade está tamén a considerar o cambio das solucións propietarias existentes por alternativas de código aberto.
A proposta inicial da concelleira Flavia Marzano foi aprobada polo consello da cidade o 14 de outubro. “Esta resolución marca unha viraxe na visión de adquisición do consello da cidade de Roma, de software”, explicaba súa páxina de Facebook.
Un dos obxectivos é librar a cidade de bloqueos nos provedores de solucións. Ademais, Roma quere usar solucións de software abertas e escalabades, que lle permitan alternar entre provedores de servizos TIC. A concelleira tamén engade que o “cambio a software libre e de código aberto pode aumentar a eficiencia, transparencia e sostibilidade”, o que tamén dá a autonomía da cidade no exercicio das súas tarefas de administración pública.
Marzano ve que a escolla da opción de software libre outorga a Roma a capacidade de xerar valor económico e social. A concelleira estivo moi implicada en comunidades de código libre e aberto, e é unha c
A cidade de Roma, a cuarta cidade máis grande de UE, aumentará o uso de software libre e de código aberto. O anuncio de esta decisión foi feito o pasado mes de outubro. Todas as novas solucións de software estarán baseadas en código aberto. A cidade está tamén a considerar o cambio das solucións propietarias existentes por alternativas de código aberto.
A proposta inicial da concelleira Flavia Marzano foi aprobada polo consello da cidade o 14 de outubro. “Esta resolución marca unha viraxe na visión de adquisición do consello da cidade de Roma, de software”, explicaba súa páxina de Facebook.
oñecida defensora da súa utilización por parte das administracións públicas.
Segundo Marzano, a cidade debe comezar cunha avaliación dos custos actuais de licenzas de software propietario. Isto axudará a identificar das áreas de TIC en que as alternativas de software libre terán un grande impacto. Tamén quere ver os plans para a migración de solucións propietarias existentes para liberar alternativas de software.
Como conclusión, “o Software Libre pode garantir que as autoridades teñen control completo sobre as opcións de TIC que fan. Ademais, é un excelente método para a difusión coñecemento e experiencia “, escribe Marzano.
