Mancomún

A cidade francesa de Grenoble segue co seu proxecto de migración a software libre das escolas

Xoves, 14 Xullo 2016

Logo cidade de GrenobleEste ano serán outras 8 escolas da cidade de Grenoble as que serán migradas completamente a software libre, incluíndo servidores, equipos de sobremesa e portátiles.

Este ambicioso proxecto pretende que no ano 2018 o total de escolas da cidade estean migradas completamente a software libre, o que entre outras cousas lles permite un mellor aproveitamento do equipamento hardware do que dispoñen.
O proxecto de migración comezou empregando Debian como solución para os servidores e Ubuntu para os demais equipos e portátiles, pero agora mesmo xa están empregando Debian como solución única para todos, o que lles proporciona unha grande estabilidade.

Fonte: Joinup

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal