Esta cidade, a sexta máis grande de Letonia, leva apostando polo software libre dende o ano 2009, como medio de optimizar os recursos e racionalizar o gasto público.
Durante estes anos foi reemprazando diversas solucións de software privativo por alternativas de software libre que non só lles permitiron racionalizar o gasto senón que teñen un maior control sobre os seus sistemas, en palabras do director do departamento de informática da cidade: “Implantamos ferramentas de xestión de software libre, que nos permiten xestionar un sistema complexo cun departamento relativamente pequeno en canto a persoal.”
A estratexia de software libre está agora totalmente interiorizada por todos os grupos políticos. “O gran reto é cambiar os hábitos cando introduces un novo sistema de correo electrónico ou a solución ofimática”, di o director, “Porén, co tempo, todo o mundo se acaba acostumando”.
Recentemente a cidade foi recoñecida pola Latvian Open Technology Association e proposta ao premio a “Mellor Organización Aberta” polo seu emprego de software libre na administración e nas escolas da cidade.
Ubuntu, Samba, MongoDB, Mosquitto, Asterisk, Zabbix, OCS Inventory e así unha larga lista de solucións de software libre son parte da tecnoloxía que xestiona esta cidade. Incluso o driver para a rede sen fíos da cidade é software libre, combinando OpenWrt e Freeradius.
