Mancomún

A CISL'08 será o escenario para a entrega dos Premios Focus ao Coñecemento Libre

Martes, 16 Setembro 2008

Mancomún está a coordinar a participación da delegación galega na Conferencia Internacional de Software Libre 2008 a través do wiki

CISLIniciativa Focus convoca os premios Focus ao Coñecemento Libre, un recoñecemento ao labor de persoas e entidades a favor do Software e o Coñecemento Libre, cuxa entrega se realizará dentro do marco da Conferencia Internacional de Software Libre, os próximos días 20, 21 e 22 de outubro.

A participación nestes galardóns está aberta a toda a Comunidade, tanto á hora de recibir como de propor aos premiados, xa que se realizará mediante un proceso de votacións on-line.

Para o mesmo disporanse dúas fases. Na primera fase, os interesados en participar proporán nomes de candidatos para as diferentes categorías e os motivos que fundamentan a proposta. O prazo desta primeira fase remata o día 22 de setembro inclusive. Haberá unha segunda fase, até o 8 de outubro, onde se votará aos finalistas seleccionados da primera fase de cada unha das categorías.

Se queres colaborar, non deixes de achegar a túa opinión e candidatos, e así os resultados terán un maior apoio/recoñecemento.

A comunidade galega no CISL 

Nesta quinta edición do evento, a comunidade galega de Software Libre participará do encontro adquirindo un maior protagonismo. Dado o recoñecemento e as expectativas que está a espertar Mancomún en Europa, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información promoverá a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a coordinación dunha delegación galega.

As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto co persoal de Mancomún antes do 19 de setembro. 

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal