Mancomún

A comunidade de KDE presentou a primeira versión Beta do escritorio KDE 4.3

Venres, 15 Maio 2009

Uso de Plasma en KDE 4.3Este pasado mércores anunciouse a dispoñibilidade de KDE 4.3 Beta 1.

Esta versión de KDE vaise enfocar en completar e pulir certos detalles relacionados coa experiencia de uso, fornecendo un contorno de traballo moderno e bonito.

O equipo de KDE está agora na fase de corrección de erros, para poder poñer á disposición do público unha versión 4.3.0 plenamente funcional para finais de xullo e que, por suposto, tamén terá unha completa versión en lingua galega, como resultado do constante traballo da comunidade,  xunto cos case 50 idiomas en que estará dispoñíbel.

As características máis salientábeis cara ao futuro KDE 4.3 son:

  • Integración de novas tecnoloxías, como PolicyKit e servizos de xeolocalización.
  • Nova xanela de efectos de animación.
  • Unha xanela de ordes emerxente máis usábel.
  • Moitas melloras en moitos complementos en Plasma.
  • Moitas correccións de erros en todo tipo de aplicativos e maior integración das funcións dispoñíbeis con KDE4

E respecto de KDE 4, esta nova fase de desenvolvemento inclúe

A integración de hardware aliñado coa mellora da experiencia multimedia mercé ás bibliotecas Solid e Phonon;

Unha presentación que aproveita totalmente as capacidades gráficas e resulta totalmente tematizábel, ao combinar o arte Osygen co novo intérprete de ordes en Plasma;

Unha ampla plataforma de desenvolvemento construída sobre Qt, dispoñíbel en C + +, Python, Ruby e outras linguaxes de programación.

Fonte: Comunidade de KDE

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal