Mancomún

A comunidade de KMKey anuncia a liberación de KMKey 3 versión “Durruti”

Xoves, 4 Xuño 2009

KmkeyKMKey (Knowledge Management Key) é unha plataforma de xestión de proxectos/expedientes construída sobre un xestor documental, con tres usos principais:

  • xestión de proxectos
  • xestión de calidade
  • xestión de asistencia técnica

Funciona en web e facilita enormemente o traballo colaborativo, permite a consolidación de datos en empresas multisede, implementa o traballo baseado en procedementos, e ademais permite a xestión e o control de proxectos en todos os seus eixes: temporal, de esforzo, informativo e económico.

A súa gran capacidade de configuración faino útil para a maioría de empresas de servizos, e moitas delas úsano para mellorar a competitividade no seu sistema de traballo nestes momentos de crise. Tanto KMKey como a plataforma onde se instala segue as premisas do software libre e daquela se afronta sen ningún tipo de pagamento por licenzas de uso.
Os servizos como un aspecto clave da solución tecnolóxica

KMKey é un exemplo de solución de software desenvolvida en España, baseada na experiencia empresarial de Earcon S.L, unha empresa que segundo comenta no seu portal de desenvolvemento (Kmkey.org) utiliza un modelo 2.0 de xestión do seu persoal e rendibiliza a experiencia acumulada durante estes últimos 8 anos por ser un software usado no día a día dun bo número de empresas e administracións.

Earcon e as empresas colaboradoras ofrecen servizos de implantación (alta) e mantemento do aplicativo (servizos periódicos). O programa pode instalarse nas dependencias do cliente (home) ou ser un servizo dispoñíbel desde Internet (SaaS, Cloud computing..).

– Software como servizo (SaaS)

KMKey instálase nun servidor dun ISP (Proveedor de Servizos de Internet). Na cota mensual inclúense os servizos prestados polo ISP: aloxamento, largo de banda e seguridade.

– Home (Servidor nas dependencias do cliente)

En casos especiais, KMKey pódese instalar nun servidor proporcionado polo cliente nas súas propias dependencias. Neste caso os servizos para garantir o seu funcionamento (mantemento do servidor, seguridade e largo) son prestados polo propio cliente.

Para facilitar ao máximo o seu coñecemento os creadores ofrecen un disco con VirtualBox cunha instalación de KMKey preconfigurada para xestión de calidade, que está dispoñíbel grazas á plataforma do OSOR, via torrent e con licenza GPL.

http://www.kmkey.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal