A comunidade de Plone España (plone-es.org/) publicou na súa axenda de eventos tres cursos para dar a coñecer e traballar co xestor de contidos Plone. Os eventos, ademais de formar a xente, teñen como obxectivo fomentar alianzas entre os usuarios e desenvolvedores creando comunidade arredor do portal.
O calendario dos cursos é o seguinte:
- Plone Básico – Tipos de contido básicos (desde o 28/03/2008 ás 10:00 ata as 13:00)
Os obxectivos deste curso son coñecer os tipos de contido básicos cos que se pode traballar en Plone e as propiedades xerais e particulares de cada un deles.
…
- Plone Medio – Xestión da plataforma e organización de contidos (desde o 04/04/2008 ás 10:00 ata as 13:00)
Coñecer a xestión dun sitio web xunto ás caracterÃsticas xerais dispoñibles do xestor que se poden activar ou desactivar.
- Plone Avanzado – Tipos de contido personalizados (desde o 11/04/2008 ás 10:00 ata as 13:00)
Coñecer os medios para a creación de tipos de contido personalizado introducidos na versión 3.x de Plone grazas ao novo configlet â??GenericPloneContentâ?
Â
Os cursos terán lugar en Lleida nas instalacións do patrocinador do portal, SEMIC Internet.
