Mancomún

A comunidade de SwL no País Vasco presiona para a implantación das tecnoloxías abertas

Martes, 7 Outubro 2008
Crece a presión sobre o Goberno Vasco para que a implantación do software libre nesta administración se faga efectiva. As iniciativas están a chegar  tanto da man da comunidade como do propio goberno, cuxos parlamentarios veñen esixindo reiteradamente un compromiso firme da administración para  que  uso dos estándares e as tecnoloxías libres e abertas se materialice.  
 
Unha das medidas que está a ter maior repercusión é a promovida por hackers vinculados a Indymedia Euskal Herria, os cales redactaron un manifesto titulado “Queremos Software Libre”. Este manifesto destaca as vantaxes dos programas de código aberto como ferramenta para mellorar a sociedade, compartir o coñecemento e fomentar o emprego local. Engade, ademais, a petición de que as administracións vascas empreguen, divulgan e promovan o software libre. A día de hoxe o documento  xa foi subscrito por  máis de 1.100 persoas e 60 organizacións, entre as que figuran o sindicato CXT , as mocidades de EA, ou a socialista Idoia Mendia, quen impulsou varias preguntas parlamentarias sobre este tema.

A este respecto, tamén no Parlamento Vasco, Idoia Mendia cuestionou recentemente ao Executivo polo futuro servizo Metaposta e o feito de que na Guía de Estándares Tecnolóxicos do Goberno Vasco apareza só Microsoft Exchange. Ademais, o PSE protestou por mor de que o Executivo aínda non respostase a unha pregunta de xuño sobre o uso do software libre na educación.

Máis moderada mostrouse a asociación de empresas do sector, Esle, que recentemente protestou enerxicamente contra o proxecto Biscaytik da Deputación de Bizkaia pero non reaccionou ante o documento do Goberno Vasco que rexeitaba o uso de programas como OpenOffice ao cualificalos como de inferior calidade. A publicación deste material, como consecuencia dunha pregunta de Idoia Mendia, xerou unha forte controversia en Internet.

 
Fonte:  Cybereuskadi
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal