Mancomún

A Confederación de Empresariaos de A Coruña acolle unha xornada de solucións de xestión empresarial

Martes, 23 Xuño 2015

Logo de AgasolAgasol organiza unha nova xornada de difusión de solucións TIC libres para empresas baixo o nome de Xornada para a Xestión integral de empresas.

Nesta ocasión, celebrarase na sede da Confederación de Empresarios de A Coruña, o vindeiro martes 30 de xuño de 10:00 a 14:00 horas.

Como o propio nome indica, esta xornada ten como obxectivo achegar solucións de xestión empresarial baseadas en software libre ao público asistente, a fin de que coñezan ferramentas que lles axuden a mellorar na súa xestión, a vender máis, a ser máis competitivos e incrementar a súa produtividade. Presentaranse solucións de e-commerce, mercadotecnia na rede, deseño web, xestión documental na nube e xestión integral de empresas, fancendo énfase na utilidade das solucións e na presentación de casos de empresas que actualmente fan uso das mesmas.
Catro empresas socias de Agasol, Queres, Anubía, Egalcom e Abertal, serán as encargadas de presentar sendas solucións, cada unha dirixida a mellor nun ámbito concreto da empresa. Así presentaranse:

  • Solucións ecommerce e soporte á infraestrutura informática.
  • Deseño web e Mercadotecnia On line
  • Xestión documental na nube especificamente creada para as PeMEs
  • Xestión integral de empresas co ERP Odoo

Para cada unha das solucións presentadas contarase:

  • Que é?
  • Características da solución proposta.
  • Beneficios da súa implantación na empresa.
  • Un exemplo ou caso de éxito.

Dende Agasol animan a xerentes, mandos intermedios e persoal técnico das empresas galegas a achegarse a esta xornada e descubrir como tirar proveito das TIC converténdoas nas mellores aliadas das súas empresas para facelas máis competitivas, produtivas e preparadas para afrontar os retos futuros.

A asistencia a esta xornada é gratuíta, previa inscrición no correspondente formulario. Celebrarase na sede da CEC, sita na Praza de Luis Seoane Torre 1 Entreplanta, A Coruña.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal