Mancomún

A Conferencia anual internacional de OpenStretMap será en Girona os días 9 e 11 de xullo

Venres, 25 Xuño 2010

OSM Conferencia Estado do Mapa O proxecto OpenStreetMap (OSM) anunciou que a conferencia anual do “Estado do Mapa” terá lugar do 9 ao 11 de xullo en Girona, España.

OpenStreetMap é un proxecto de fonte aberta que constrúe mapas en liña libres, que non se basean nos datos de mapas con dereitos de autor. Fundado por Steve Coast en agosto de 2004 e xestionada pola Fundación OpenStreetMap, ata a data, o proxecto ten case 270.000 usuarios mundiais que fan máis de 7 000 edicións á hora.

O Estado do Mapa é o maior evento mundial da comunidade de OpenStreetMap. Os asistentes a esta conferencia terán a oportunidade de coñecer o movemento cartográfico global que está a cambiar o xeito de facer e empregar mapas, poderán participar en obradoiros, asistir a ponencias, ou relaxarse mentres coñece a OpenStreetMaperos de todo o mundo. É a ocasión perfecta para reunirse e coñecer ás persoas que manteñen os servidores, desenvolven os editores, deseñan a cartografía e algúns dos mapeadores máis adicados á causa.
Este ano, o evento conta con poñentes coñecidos, incluíndo ao fundador de OpenStreetMap, Steve Coast, quen afirmou ao respecto deste evento que “o Estado do Mapa é un incrible testemuño da forza, empuxe, amplitude e profundidade da comunidade OpenStreetMap”, engadindo que, “Como o mapa e a comunidade continúa a crecer exponencialmente, teremos moito sobre o que falar. Girona fornecerá un gran foro de debate intelixente acerca de OSM, do seu futuro e de como podemos tocar aínda máis persoas”.

O evento incluirá discursos e presentacións de diversos membros da comunidade de OSM abranguendo temas como por exemplo, unha introdución a cartografía, a validación de datos, OSM nos ultraportátiles OLPC Xo en escolas primarias e diversos paneis de discusión.

O venres 9 de xullo será o día dos Usuarios Profesionais – un día adicado ao uso de datos de OSM por parte de empresas, gobernos e ONGs. A fin de semana centrarase en relatorios, obradoiros en mesas redondas que contarán cos máis ilustres personaxes da comunidade de OpenStreetMap.

Os interesados en participar da Conferencia deste ano deben rexistrarse o máis axiña posible. O custo dun rexistro normal é de 250€ para os tres días aínda que para os membros da Fundación OpenStreetMap e da comunidade hai dispoñibles descontos.

Pódese obter máis información sobre a conferencia no web do Estado do Mapa e no blog OpenGeoData. Os interesados en axudar ao proxecto poden crear unha nova conta para comezar a contribuír. Existe unha Guía para o principiante, na que consultar os pormenores sobre como contribuír á xeración de cartografía Os mapas de OpenStreetMap libéranse baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 2.0.

Fonte:The H online

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal