Coa renovación do portal da Consellaría de Medio Rural introducíronse novas características de accesibilidade. Por exemplo, integra o sintetizador de voz Cotovía, un sistema bilingüe de conversión de texto, útil para persoas con discapacidade visual, desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías do Sinal da Universidade de Vigo e por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades.
Coa páxina preténdese fomentar o acceso da cidadanía á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando así as súas relacións coa Administración. Estes obxectivos correspóndense coa estratexia operativa número 3 do PEGSI, referida á Interoperatibilidade, seguridade e coñecemento aberto.
Fonte: Sociedade da Información
