A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar un total de 7 contratos de actualización e mellora dos seus sistemas informáticos. Nos pregos e follas de resumo de especificacións pódese ler algúns dos requisitos entre os cales destacan o uso de Software Libre:
Arquitectura software:
- Sistemas operativos: Solaris, GNU Linux, Windows.
- Xestor de base de datos: ORACLE 10g.
- Servidor de aplicacións: Tomcat, JBoss.
- Servidor Web: Apache Web Server.
- Servidor LDAP: SunOne Directory Server, Open LDAP.
- Linguaxes de desenvolvemento: HTML, ECMAScript, JAVA, SQL , PL/SQL.
- Servidor de informes: Jreport de Jinfonet Software, iReport, JasperReports
Ademais as ofertas técnicas deberán incorporar unha copia en formato electrónica de toda a documentación presentada e os formatos válidos para entregar serán os estándares PDF (Portable Document Format, norma ISO 19005-1:2005) e ODF (OASIS Open Document Format, norma ISO/IEC 26300)…
Un dos contratos que máis chama a atención é a contratación do servizo de migración da plataforma de correo electrónico corporativo da Consellería de Educación a unha arquitectura baseada en Software Libre.
As ligazóns a estes pregos podemos topalos na páxina orixinal da nova na web de AGNIX:
http://www.agnix.org
