A OSHWDem, un dos eventos de referencia no mundo maker, que se ven celebrando anualmente en Galicia anuncia a data para a edición deste ano, que será xa a quinta.
A data escollida é o vindeiro 5 de Novembro, sábado, na Domus da cidade de A Coruña. Nas vindeiras semanas irase publicando pouco a pouco o programa previsto, que virá cargado de actividades de todo tipo arredor do hardware e a cultura libre.
Nesta actividade colabora a Asociación GHANDALF ao abeiro do Convenio de colaboracion entre as AGULS e a AMTEGA para a difusion do Software Libre en Galicia.
