Segundo TEGNIX, a empresa tecnolóxica que os acompañou no proceso, seducíalles aforrar o custo das licenzas, pero non estaban seguros de renunciar ao sistema operativo e aos programas que usaban a cotío ía repercutir na calidade do seu traballo. “Como sempre ocorre con todo os cambios atopámonos con persoas máis convencidas ca outras”, lembran tanto desde a cooperativa como desde TEGNIX. “Quizais a clave do éxito dun proceso así é que debes de vincular a migración coa formación.”
Pasaron de traballar con alguén que lle requiría que se adaptase ao seu sistema a impor os seus criterios. “TEGNIX preguntábanos que usabamos, que necesitabamos” non foi só un cambio a software libre, foi un cambio de peor a mellor”, recordan os cooperativistas. O proceso foi rápido. Comezaron de cero un mes de e ao regreso do verán xa estaban cento por cento involucrados co novo escenario.
Percibiron que os cambios non interferían no traballo e como por encantamento desapareceron os virus, o correo baleirouse de spam e os procesadores dos equipos aceleráronse.
Máis información en Agasol.org
