Mancomún

A empresa galega Aitire asina un acordo de parcería con eBox Technologies

Martes, 15 Setembro 2009

eBoxA empresa galega Aitire asinou esta semana un acordo de parcería con eBox Technologies, desenvolvedora de eBox Platform – o servidor de rede unificada de código aberto para a PEME-, de xeito que entrará a formar parte do seu Programa de Parceiros Autorizados. Este programa está especialmente deseñado para provedores de servizos informáticos e de asistencia técnica para pequenas e medianas empresas, permitíndolles ás entidades asociadas garantirlles aos seus clientes finais un servizo de xestión de redes de calidade a un custo axustado.

O persoal da empresa Aitire participou no curso de formación avanzada de eBox que Mancomún, en colaboración con AGASOL, organizou o pasado mes de decembro, destinado a profesionais de empresas TIC galegas interesadas en ofrecer servizos de implantación sobre esta plataforma.

O director de vendas de Aitire, Alejandro Escobar, asegurou que "estabamos buscando una solución que nos permitise aforrar tempo nos despregues de infraestruturas TIC que realizabamos para os nosos clientes e despois de ter probado numerosas solucións, eBox Plataform foi a clara vencedora."
Xunto a Aitire, asinaron tamén a empresa ARCA, ubicada en Singapur, e MCL Solution, de Venezuela.

Os parceiros autorizados de eBox obteñen permisos de acceso completo a eBox Control Center que permite unha monitorización simultánea e centralizada, administración e almacenamento de múltiples instalacións de eBox Platform en tempo real, así como asistencia técnica de alto nivel ofrecida polos propios desenvolvedores de eBox Platform. Ao asinar este acordo con eBox Technologies, os parceiros garanten os acordos de nivel de servizo contratados polos seus clientes con calidade de servizo do fabricante.

Fonte: eBox

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal