Mancomún

A empresa Inforede busca un programador PHP

Mércores, 14 Novembro 2007
A empresa Inforede precisa un programador PHP cunha formación mínima de titulado en formación profesional e amplos coñecementos en PHP, MySql, JavaScript e CSS. Valorarase ademais o coñecemento en AJAX, Linux e a presentación de traballos previos en PHP.

Ofrécese un contrato de tres meses prorrogable segundo a valía e un bo ambiente de traballo en Santiago ou Pontecesures. Os interesados terán que mandar os seus curriculums ao enderezo de Inforede.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal