Mancomún

A empresa Queres recibe de Alfresco o premio internacional á “Mellor Solución do 2012″

Mércores, 6 Xuño 2012

Se hai unhas semanas vos falabamos do recoñecemento de Google ao proxecto e-cidadanía da empresa galega Cidadanía, seleccionándoo para o seu programa Google Summer of Code, hoxe informamos dun novo recoñecemento internacional para o bo facer das nosas empresas galegas de Software Libre.

Logo de QueresQueres, empresa líder en consultoría e integración de sistemas, experta en Sistemas de Xestión Documental, vén de ser recoñecida por Alfresco, a empresa líder en xestión documental Open Source, co premio á “Mellor Solución do ano 2012″ sendo escollida de entre 80 partners da zona EMEA (Europa, Oriente Medio e África) e APAC (Asía e Pacífico). Partner gold de AlfrescoQueres informa con gran satisfacción que é a única empresa española que ten recibido un premio deste prestixio por parte de Alfresco.

O premio foi entregado o pasado 25 de abril de 2012 polo co-fundador de Alfresco John Powell na Conferencia Anual de Partners, celebrada en Cannes.

Para Queres este premio non supón só un recoñecemento a un proxecto puntual, senón un recoñecemento á súa larga traxectoria de proxectos desenvolvidos con éxito dende o ano 2006 en clientes como Estrella Galicia, Sergas, Edicom… Así Queres consolídase como líder na implantación de solucións de xestión documental con Alfresco, que leva implantando por toda Euripa dende hai máis de 5 anos.
Sobre Queres

Con base en Galicia, Queres ofrece servizos de consultoría open source e de integración de sistemas. Cun forte coñecemento e experiencia na xestión de contido, Queres ofrece solución á xestión da información.

Ademais agora Queres está apostando tamén por deseñar y desenvolver solucións para dispositivos móbiles e servizos baseados na nube, convencidos de que a mobilidade está demostrando ser unha das maiores áreas de mellora onde poden ofrecerse solucións de negocio moi atractivas para as empresas.

Queres está presente en diferentes sectores, concellos, Consellerías de goberno, empresas privadas, provendo a todas elas solucións especializadas que aportan gran valor.

Sobre Alfresco

Alfresco foi fundada en 2005 por John Newton, cofundador de Documentum, e John Powell, ex-director de operacións de Business Objects. Entre os seus inversores atópanse empresas de inversión punteiras como Accel Partners, Mayfield Fund e SAP Ventures.

Alfresco é a principal alternativa de código aberto para a xestión de contidos empresariais (ECM). A compañía integra a innovación do código aberto coa estabilidade dunha verdadeira plataforma de clase empresarial.

O modelo de código aberto permite a Alfresco utilizar a mellor clase de tecnoloxías e as contribucións da comunidade de código aberto co fin de obter un software de alta calidade, producido con maior rapidez e cun custe moito menor.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal