Mancomún

A FOSS4G-Europe celébrase en Guimarães do 16 ao 21 de xullo

Xoves, 5 Xullo 2018

A conferencia europea sobre software libre para xeoinformática, coñecida como FOSS4G, do inglés Free and Open Source Software for Geoespatial, terá lugar en Guimarães entre o 16 e o 21 de xullo.

A conferencia está organizada pola sección portuguesa da OSGeo e conta coa colaboración do Municipio de Guimarães e da Universidade do Minho. O programa completo, que de momento é provisional, está dispoñible na páxina do evento, onde irán incorporando as actualizacións.

Dentro do evento existen diversos tipos de actividade, como son obradoiros, reunións de oportunidades de negocio, sesións de desenvolvemento onde os desenvolvedores que habitualmente traballan de xeito remoto o poden facer nunha mesma localización e as diversas conferencias e charlas sobre xeoinformática libre, pero con distintos enfoques como poden ser a interoperatibilidade, modelos de negocio, datos abertos, lexislación, situación da xeomática en distintas administracións, así como outros enfoques máis técnicos…

O rexistro xeral do evento está aberto nesta páxina e para os obradoiros está nesta outra.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal