Mancomún

A Free Software Foundation libera unha nova versión da distro gNewSense

Venres, 2 Maio 2008

Só despois dunha semana da saída da versión Ubuntu 8.04 LTS “Hardy Heron”, a Free Software Foundation vai máis aló e libera a versión 2.0 de gNewSense (nome en chave DeltaH). Para aqueles que non coñezan gNewSense diremos que é unha das distribucións certificadas pola FSF como distribución de Linux verdadeiramente libre. 

gNewSense 2.0 é esencialmente unha Ubuntu 8.04 pero cunhas modificacións para facela aínda máis libre como son a eliminación dalgúns compoñentes binarios. Ademais inclúe cambios no deseño gráfico, cambios no navegador por defecto de Firefox e Epiphany, etc…

Podes ver máis información na páxina de gNewSense e na fonte orixinal da nova:
Páxina de gNewSens http://www.gnewsense.org
Fonte da nova: http://www.phoronix.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal