A Free Software Foundation (FSF) agradeceu publicamente a PayPal, o feito de resolver o problema dos seus términos e condicións de uso cando se aplican a proxectos de software libre. PayPal é usado decotío por estes proxectos como unha forma de aceptar doazóns, pero recentemente a FSF descubriu que PayPal agregara unha licenza de software privativo ao seu acordo de uso, que simplemente non podía aceptar. Nese momento decidiu contactar con PayPal para saber se se podía chegar a un acordo.
Sorprendentemente, PayPal non só exceptuou á FSF das polémicas disposicións en cuestión, senón que ademais asegurou que actualizará o ano que vén o seu acordo de uso para asegurar que toda a comunidade do software libre poida continuar recibindo e facendo pagos sen ter por iso que aceptar una licenza de software propietario.
Fonte: Viva Linux!
