Un empregado da FSFE propón un conxunto de 8 iconas para tratar de explicar con elas as licenzas de software libre e axudar así á súa comprensión. A idea xorde das iconas asociadas ás licenzas creative commons.
Na súa proposta, segundo el mesmo conta, presenta cada licenza como unha colección de iconas, cada unha delas relacionada cunha característica importante da licenza (por exemplo, garante as 4 liberdades …) Evidentemente trátase só dunha esquematización da licenza para facilitar a comprensión ou comparación entre licenzas semellantes, pero non exclúe da súa lectura completa.
A continuación incluímos as iconas e un resumo do seu significado:
A licenza é recoñecida pola FSF. Cumpre coas 4 liberdades. (Verde cumpre a característica, en gris non a cumpre)
Proporciónase acceso ao código fonte independentemente da forma de distribución do software. (p.ex. a distribución en binario tamén proporciona acceso ao código fonte).
Deben publicarse os cambios realizados sobre o software.
O novo software escrito que empregue as funcionalidades do software con esta licenza deberá ser publicado e manter a mesma licenza.
Se o software é accesible pola rede, debe publicarse o seu código.
Anti-tivoización. A inclusión do software nun dispositivo en calquera forma, obriga a cumprir coas obrigas da licenza.
Contén garantía contra patentes.
Contén termos estraños que precisan dunha lectura detida da licenza.
Algunhas das licenzas que describe nesta proposta inicial e que pretende ir ampliando progresivamente son:
- GPLv2 :

- GPLv3 :

- LGPLv2:

- LGPLv3:

- MIT :

- …
Máis información: FSFE
